CASALEXO é un lugar de encontro, de tapeo e viños, de xantares compartidos, conversas e noites de ledicia.
A nosa é unha cociña sinxela, fresca, de tempada e sen complicacións, apegada ao produto e aos sabores da terra e do mar, que cada día atopamos no mercado, completada cunha coidada e variada adega, cunha selección de viños de distintas procedencias.
Se cres, coma nós, que o verdadeiro luxo está no auténtico, no xenuíno, no ambiente acolledor e familiar, nun lugar onde sempre te recibimos cun sorriso, CASALEXO é a túa casa, a vosa casa.
HORARIO
Luns: 12:30-16:00 h / 20:00-0:00 h
Martes: 12:30-16:00 h / 20:00-0:00 h
Mércores: PECHADO
Xoves: 12:30-16:00 h / 20:00-0:00 h
Venres - Sábado: 12:30-16:00 h / 20:00-1:00 h
Domingo: 12:30-16:00 h (NOITE PECHADO)
Hoxe temos… MENÚ DO DÍA
RESERVAS: SÓ TELEFÓNICAS